Friday 03 de May de 2024

O concerto de Leiva na Coruña, aprazado ao 29 de outubro por problemas de saúde do artista


A actuación estaba programada para este sábado, 30 de abril. As entradas serán válidas para a nova data e as persoas que o desexen poderán devolvelas

O concerto de Leiva, previsto para este sábado 30 de abril no Coliseum da Coruña, tivo que ser aprazado ao 29 de outubro por problemas de saúde do artista. O artista ten unha afección nas cordas vocais que lle obriga a cancelar as súas actuacións na Coruña, primeira data ata o de agora da súa xira, e en México.

As entradas, esgotadas hai meses, seguirán sendo válidas para a nova data, o sábado 29 de outubro, sen necesidade de realizar ningún novo trámite. Por outra banda, en caso de que as persoas con entrada desexen solicitar o reembolso, poderán facelo a través das canles oficiais dos puntos de venta en liña de Ataquilla e Entradas a tu alcance. O prazo para solicitar o reembolso será do 2 ao 16 de maio.

Leiva e o seu equipo lamentan as molestias que este imprevisto puidese causar aosasistentes ao seu concerto no Coliseum. O artista estaba a piques de comezar a xira de presentación de ‘Cuando te muerdes el labio’, o seu último traballo discográfico.